Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Apoio educativo a menores de 6 a 18 anos na Cruz Vermella de Redondela

cruz vermella

As instalacións da Cruz Vermella atópanse na Praza Figueroa

Cruz Vermella ofrece en Redondela, nas súas oficinas ubicadas nos baixos da Casa da Cultura, apoio educativo para os menores de 6 a 18 anos que se atopan nunha situación de vulnerabilidade. As actividades desenvolveranse os luns e mércores en horario de 16:00 a 18:00 horas cos nenos de primaria e martes e xoves de 17:30 a 19:00 horas cos menores de secundaria.

O proxecto de “Promoción do éxito escolar” financiado por Unespa, ten como finalidade facer accesible a educación aos nenos e nenas en situación de exclusión ou vulnerabilidade social, dotándoos de ferramentas necesarias e acompañándoos no proceso educativo e social. O obxectivo, ademais, é facer que a súa integración no proceso educativo sexa o máis completa e igualitaria posible. E é que, a pesar dos avances en moitas materias, nos últimos anos o impacto da crise socioeconómica (agora agravada pola COVID-19), ten debullado un contexto de precarización e desigualdade social crecente.

Estes talleres realizaranse todos os luns e mércores en horario de 16:00 a 18:00h cos menores de Primaria e os martes e xoves en horario de 17:30 a 19:00h cos de Secundaria que se complementarán con actividades ludicoeducativas de PINEO os sábados de 11:30 a 13:00h na sede da Delegación Local de Cruz Vermella en Redondela (Praza José Figueroa número 3). Ademais de actividades escolares (actividades de reforzo, hábitos de estudo, preparación de exames, etc.), realizaranse accións enfocadas á promoción da saúde, habilidades de desenvolvemento persoal, e

actividades de lecer e tempo libre. No último ano, Cruz Vermella Mocidade atendeu en Redondela a 32 menores en Promoción do Éxito Escolar e Proxecto Estudo e coa axuda de 8 persoas voluntarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará