Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Alameda acolle a exposición “50 anos cambiando a historia do cáncer”

expo cancer

Unha mostra da Asociación Española contra o cáncer na que se recollen exemplos significativos dos avances científicos que nos últimos anos contribuíron a mellorar a vida das persoas grazas a que hai medio século a asociación decidirá apostar pola investigación. A exposición permanecerá en Redondela ata o vindeiro 3 de outubro.

A exposición 50 anos cambiando a historia do cancro mostra, a través dunha serie de cubos situados na Alameda, un total de 12 fitos nacionais importantes, entre os que se atopan as investigacións da Dra. Marisol Soengas, os notables achados realizados polo seu equipo permitiron conseguir grandes avances na loita contra a melanoma, como o desenvolvemento dun novo tratamento que mellora a efectividade da inmunoterapia nos pacientes con cancro. Ou os resultados do grupo do Dr. Antoni Castells na investigación en cancro de colon demostrando a eficacia do test de sangue oculto en feces para a detección precoz deste tumor.

Ademais tamén se mostran dous fitos pertencentes á provincia de Pontevedra entre os que se atopan o Dr. João M. Fernandes e a Dra. Mónica Martínez.

Fitos como a técnica da biopsia líquida do Dr. Fernandes, unha análise de sangue que permite axudar a atopar rastros dun tumor no organismo como o seu ADN, moléculas ou mesmo as súas células. O Dr. Fernandes estuda as características das células do tumor que circulan polo sangue e como se relacionan coa agresividade do tumor no cancro de colon.

Grazas ao apoio da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra, a Dra. Mónica Martínez estudou certas alteracións no ADN das células tumorales e a súa implicación no desenvolvemento do cancro, especialmente no de pulmón, colorrectal e de cabeza e pescozo. O proxecto continúa e agora a Dra. Martínez leva a súa propia liña grazas a unha nova axuda da Asociación.

A mostra que foi inaugurada pola presidenta de la Asociación Española Contra el Cáncer en Redondela, Amparo Alonso e voluntarias da sede local acompañadas do Vicepresidente da Sede Provincial, Carlos Sahuquillo, a Alcaldesa, Digna Rivas e a concelleira de Servizos Sociais, Iría Vilaboa, manterase na Alameda ata o luns 3 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará