Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de 19 anos tras unha persecución por Chapela

poli

O mozo, veciño de Vigo está acusado de comisión de tres delitos: roubo dun ciclomotor, conducir ese vehículo carecendo de permiso e falsidade documental. Segundo informa a Policía Local procedeuse a súa detención e posterior trasladado á comisaría da Policía Nacional.

Os feitos aconteceron na madrugada de hoxe, concretamente ás 1:40  cando a Policía Local procedeu a darlle o alto a un ciclomotor que circulaba sen o alumeado obrigatorio. O seu condutor, lonxe de deter o vehículo, decidiu darse á fuga iniciándose así unha persecución que remataría cando os axentes lograron darlle alcance.

Unha vez interceptado, comprobouse que o mozo, de 19 anos e con residencia en Vigo, non obtivera nunca ningún permiso para conducir. Feitas ademais as pertinentes xestións tras comprobar o número de bastidor do vehículo constatouse que o mesmo figuraba como subtraído. Finalmente tamén acabaría investigado por falsidade documental, dado que a matrícula que portaba tampouco pertencía ao ciclomotor co cal circulaba.

Por todo o exposto, deuse conta ao Xulgado de Garda e procedeuse a súa Detención e traslado a comisaría da Policía Nacional.

Ademais dos axentes da Policía Local, nesta intervención colaborou un indicativo zeta da policía nacional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará