Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela organiza unha excursión aos Passadiços do Paiva en Portugal

pasadiços ponte

A excursión celebrarase o día 9 de outubro e está aberta a toda aquela persoa que desexe coñecer este espazo de grande relevancia natural. Mías información no local da Asociación de Veciños ou chamando ao teléfono 649 37 60 94.

Os participantes terán a posibilidade de facer o percorrido de 8.7 Km. polas pasarelas de madeira que se atopan na marxe esquerda do río Paiva no municipio de Arouca en Aveiro. Un paseo rodeado de beleza e que inclúe tamén cruza a nova ponte colgante con 516 metros de extensión construído con rexa metálica  que deixa ver os 175 metros de altura sobre o leito do río Paiva. As entradas para o Passadiço e a ponte están incluídas no prezo (45 euros os socios, 49 os que non o sexan).

A metade da ruta farase unha parada para descansar e comer tipo picnic. (A comida e bebida, non está incluída no prezo, será por conta de cada participante)

Pola tarde o autobús fará unha para en  Guimaraes, para facer unha visita panorámica do Castelo  e o Pazo dos Duques.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará