Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño organiza en Redondela unha xornada de traballo para as empresas turísticas

pazo petán

O encontro desenvolverase no Pazo de Petán

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño segue apostando polo traballo en rede para potenciar uns produtos turísticos diferenciados e de calidade. Neste camiño, o vindeiro luns 26 de setembro organizará a segunda edición do Workshop de empresas turísticas, unha xornada coa que se busca pór en contacto ás diferentes empresas turísticas co sector primario dos 14 concellos do geodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) de cara a impulsar sinerxías que faciliten a creación de novos produtos turísticos e a promoción do territorio como destino.

O encontro será ás 18.00 horas no Pazo de Petán ou de Santa Teresa, en Redondela, e permitirá dar continuidade ao camiño iniciado en Tui o ano pasado. Neste taller as empresas participantes terán aproximadamente dúas horas nas que poderán establecer contactos comerciais con outros operadores turísticos do xeodestino, favorecendo así as colaboracións. Tamén poderán achegarse ademais a outras empresas do sector primario, tentando abrir así espazos para articular novas experiencias turísticas.

Un encontro no que ir coñecéndose para crear alianzas que dean forma á Ría de Vigo e Baixo Miño como destino turístico. Tras o workshop servirase un cocktail de degustación amenizado cunha actuación musical no que as persoas participantes poderán seguir intercambiando impresións.

As persoas e entidades interesadas en participar poderán inscribirse a través dun formulario web antes do venres 23 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará