Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ampliación do parque infantil de Talo Río duplicará a superficie de xogo e incluirá unha zona verde

ampliación talo rio

O Concello de Soutomaior vén de iniciar os traballos de renovación do parque infantil da Alameda Talo Río de Arcade. Unha mellora coa que o goberno local quere levar a cabo unha gran ampliación do recinto ao tratarse dunha das zonas de recreo máis utilizada do municipio, xunto ao Peirao de Arcade. Os traballos contan cun prazo de execución de tres meses e ampliará a superficie do parque, que pasará de 350 a 650 metros cadrados, duplicando a superficie e o número de xogos do recinto actual.

A figura central será un gran castelo no que se integrarán varios xogos e atraccións para todas as idades, a principal será un gran tobogán totalmente cuberto de máis de 3 metros de altura. Ademais, o novo parque contará con balancíns, randeeiras, cama elástica, un carrusel e unha zona dedicada aos máis pequenos cun pequeno parque de area. Para completar a funcionalidade do recinto, instalarase unha zona de descanso e vixilancia para os coidadores dos pequenos con bancos de gran amplitude xunto ás novas árbores que se instalarán para dar sombra ao conxunto. Por último, instalarase un novo valo de seguridade perimetral de madeira.

O custo desta mellora afrontarase exclusivamente con fondos municipais e ascende até os 127.000 euros de orzamento de execución, un prezo lixeiramente inferior ao custo inicial de licitación do proxecto ao recibirse unha gran cantidade de ofertas de empresas do sector.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará