Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación contra o desmantelamento da Sanidade pública en Redondela

centro saúde

A manifestación partirá do Centro de Saúde ás 20:00 horas do xoves

A plataforma redondelá en defensa da sanidade pública convoca este xoves ás 20:00 horas unha manifestación que partirá dende o Centro de Saúde de Redondela e rematará na praza do Concello. O obxecto da protesta e denunciar o “paulatino desmantelamento” da sanidade pública con “listas de agarda que para unha cita de atención primaria poden demorarse ata máis de dez días” consecuencia en gran medida da falta de facultativos “ao non cubrirense nin as baixas, nin as vacacións nin as xubilacións”.

Dende esta Plataforma Alberto Covelo e Ana María González Soto denuncian “un desmantelamento do público en xeral e un desmantelamento da sanidade pública en particular”.

Entre as mostras máis evidentes desta situación apuntan a atención primaria “cunha media de agarda para unha consulta presencial tanto en Redondela como en Chapela que pode chegar a ser de 10 a 16 días” cando entenden que “se debe garantir a asistencia presencial nun máximo de 48 horas e de 24 horas no caso de ser de carácter urxente”.

Ana Mª González, Plataforma Sanidade Pública Redondela

Falta de recursos materiais e humanos estarían detrás desta situación que afecta a todo o país, xa que non se trata exclusivamente dun problema en Redondela. O feito de que non se cubran baixas, vacacións nin xubilacións fai que eses pacientes teñan que ser asumidos por outros facultativos que ven como non poden nin dedicar dez minutos por persoa.

Alberto Covelo, Plataforma

Un desmantelamento que aseguran afecta a todos os niveis sanitarios “as especialidades, as probas, a saturación das mesmas, as listas de agarda, a perversión de derivarte descaradamente a privada para adiantarte unha intervención”. Un deterioramento que entenden é estrutural e que se viu agravado co Covid polo que insisten na necesidade de saír a rúa para facerse escoitar e reivindicar unha sanidade pública de calidade.

A protesta partirá ás 20:00 horas do xoves dende o centro de saúde e rematará ás portas do concello onde se solicitará tamén a sinatura dos presentes a unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que está a promove SOS Sanidade Pública.

Recollida de sinaturas
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará