Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ciclo Mestre Mateo regresa a Redondela coa proxección da película “Cuñados”

cuñados

A comedia Cuñados poderá verse este sábado no Multiúsos da Xunqueira ás 19:30 horas con entrada de balde. Finalista en trece categorías nos XX premios Mestre Mateo entre as que se atopan as máis salientables como mellor longametraxe, mellor dirección, mellor guión ou mellor interpretación feminina e masculina, chega a Redondela da mán dun ciclo promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Toño López é o director desta cinta interpretada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez, Mela Casal entre outros, unha comedia na que Eduardo e o seu cuñado Sabonis tras meter a zoca nos seus negocios precisan cartos e deciden secuentras a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou. A cousa vaise complicar e dará lugar a unha entretida película familiar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará