Hoxe é Sábado 26 de Novembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solicita ao Porto de Vigo que desmantele o recheo do Peirao da Pedra de Rande

recheo

Fonte IGN

O pleno aprobou a moción conxunta presentada pola Agrupación de Electores e o BNG, unha moción na que solicitan que a Autoridade Portuaria de Vigo paralice a actividade industrial nos terreos coñecidos como Peirao da Pedra e se proceda ao desmantelamento e retirada deste recheo ata antiga liña de costa, coa finalidade de recuperar as correntes mariñas naturais da Enseada perdidas cos recheos realizados nos anos 90.

Unha moción na que se denuncia a “actividade de almacenaxe de contedores que se está a realizar neste espazo e o perigo de que se converta en almacén de ferralla e reparación de barcos”, o que pon en grave risco o “xa de por si difícil equilibrio medioambiental dun espazo tan singular como o Estreito de Rande”.

Ante esta situación, pídese que se parealice esta actividade e que o goberno de Redondela se dirixa de xeito inmediato á Xunta de Galicia, Portos do Estado e Ministerio para a Transición Ecolóxica e do Reto Demográfico, para que insten á Autoridade Portuaria de Vigo ao desmantelamento e retirada deste recheo ata antiga liña de costa, coa finalidade de recuperar as correntes mariñas naturais da Rede Natura 2000 Enseada de San Simón perdidas cos recheos realizados nos anos 90.

Consideran, ademais, que “a caducidade da anterior concesión abría a posibilidade de que estes terreos, uns 40.000 metros cadrados, puideran ser recuperados para potenciar as actividades pesqueiras e marisqueiras artesanais e de proximidade”. Finalmente, non só non foi así, senón que asistimos -continúa a moción- “a un novo proceso industrializador na zona que vai levar aparellado un intenso movemento de tráfico pesado, verteduras, ruídos e po en suspensión”.

O concelleiro de AER Manule Vila insistía en que esta é unha máis das agresións medioambientais que padece o litoral de Redondela

Manuel Vila, AER

Pola súa banda, dende o BNG Jessica García lembraba que detrás das actividades nesta explanada está “a Autoridade Portuaira e o PP que ten unha fixación en que alí haxa actividades económica e industriais”.

Jessica García, BNG

Malia as críticas ao seu partido, o edil do PP, Iván Crespo aseguraba compartir o desexo de que non se retome a actividade industrial nese espazo

Iván Crespo, PP

Ante o negativo impacto para supón a actividade industrial para os veciños e veciñas de Rande, o texto da moción solicita tamén que o Concello realice actividades periódicas de vixilancia, control urbanístico e medio ambiental das actividades portuarias do Porto de Vigo no termo municipal de Redondela e pide dar traslado deste acordo aos distintos grupos políticos con representación no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados; así como á Autoridade Portuaria de Vigo, Xunta de Galicia, Portos do Estado, e Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana

Un control que a socialista María Castro aseguraba xa se está a facer por parte do goberno local e insistía en que “o goberno de Digna Rivas ten unha posición firme e contraria a toda actividade comercial e industrial que poña en risco o equilibrio da enseada”.

María Castro, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará