Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Cemiterio dos Eidos mantense en segundo lugar no concurso para elixir o “Cemiterio máis bonito de España”

cemiterios eidos

O certame, convocado pola revista Adios Cultural, busca poñer en valor o interese histórico, cultural, social, artístico e patrimonial dos camposantos. O cemiterio de redondela con 261 votos sitúase en segundo lugar, nun ranking que lidera o cemiterio de Villaluenga del Rosario, na provincia de Cádiz, con 293 votos. Dende o Concello retoman esta semana as visitas guiadas a este espazo cunha primeira cita o venres 16 de setembro ás 19:30 horas.

O cemiterio dos Eidos, construído ao redor de 1830, está considerado cemiterio histórico pola Deputación de Pontevedra e aspira a entrar na lista de cemiterios singulares de Europa. Pero ademais está entre os candidatos para ser elixido “Cemiterio máis bonito de España” no concurso que organiza Funespaña a través da revista Adiós Cultural. Soledad Chayán, guía oficial de turismo, non dubida das cualidades deste campo santo para erixirse como gañador.

Soledad Chayán, guía oficial de turismo

Compite para facerse co galardón co cemiterio de San Antonio (Archidona), o de Ballena (Castro Urdiales), o de Nuestra Señora de la Piedad (Iznájar), o de Sant Sebastià (Sitges), o Parque de la Paz (Valencia) e o de Villaluenga del Rosario. O gañador escollerase por votación popular na web www.revistaadios.es.

Na páxina existe un amplo dossier dos cemiterios finalistas, entre eles o redondelán dos Eidos.

Dende o Concello, para facilitar o proceso de votación, dende onte luns, 12 de setembro, as persoas interesadas poderán dirixirse á Oficina de Turismo, nos baixos da Casa do Concello de Redondela, onde se lles informará sobre como facer a votación de xeito doado dende o seu teléfono ou dispositivo móbil.

Un certame que, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas, busca poñer en valor “a importancia histórica, cultural, social, artística e patrimonial que teñen os cemiterios, elementos que concorren todos eles no cemiterio dos Eidos”.

Tamén dende o Concello animan á veciñanza a achegarse a este espazo a través das visitas guiadas que se desenvolverán os días 16 e 30 de setembro, 28 de outubro e 29 de novembro ás 19:30 horas, con inscrición previa na oficina de Turismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará