Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para participar no II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético da violencia machista

sesé mateo

O Concello de Redondela presentou o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento e comunicación da violencia machista, un certame que busca recoñecer o traballo que realizan as e os profesionais do xornalismo que fuxan dos sensacionalismos e salvagarden a intimidade tanto das vítimas coma das súas familias.

A segunda edición deste premio foi presentada na Casa do Concello de Redondela nun acto no que a alcaldesa, Digna Rivas, estivo acompañada de Joshua Mateo –fillo de Sesé Mateo– e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa e no que a rexedora local reafirmou o compromiso do seu Goberno “na loita pola erradicación da lacra que supón a violencia machista en todas as súas manifestacións”. Non se pode acadar a igualdade, engadiu Digna Rivas, “mentres existan mulleres maltratadas e aterrorizadas polas súas parellas”.

Os premios non só buscan ser un recoñecemento ao traballo “profesional e comprometido de homes e mulleres que, a través da súa labor, contribúen a loitar contra un dos peores males da actual sociedade”, senón que tamén queren ser un “permanente recordatorio ás vítimas”.

A segunda edición do Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético, dotado con 1.500 euros en metálico, está aberto aos traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios escritos (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), radio ou televisión, entre o 1 de setembro de 2021 e o 31 de agosto de 2022 e que deberán ser presentados no rexistro do Concello antes do 30 de setembro do 2022.

Os traballos poderán presentarse en lingua galega ou castelá, pero valorarase con maior puntuación os realizados en lingua galega por ser o seu uso minoritario no ámbito xornalístico e tendo en conta que “Redondela foi sempre pioneiro no uso, potenciación e espallamento da lingua galega”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará