Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca de Pazos retoma as actividades coa actuación de Paco Pakolas

paco palolas

Ofrecerá o seu espectacúlo “Ramona Órbita, a dona do tempo” o próximo Venres 16 de setembro a partir das 13:00 horas. Están convidados a participar nesta actividade os escolares de 1º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Neste espectáculo cóntase a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

 Así, a través das cancións e a narración,vaise saltando a diferentes épocas, Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume; visita a Leonardo da Vinci no Renacemento; acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés ao que lle cheiran os pés; ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc; todo ata chegar a Benvidas do futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

 Moitas personaxes que se poden atopar no libro-disco de Paco Pakolas.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará