Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mareas vivas inundan a praia de Cesantes

cesantes praias

Os bañistas que apuraban esta fin de semana os últimos raios de sol previos á chegada da borrasca, asistiron a un espectáculo sempre curioso na Praia da Punta de Cesantes. As mareas vivas que cubriron todo o areal ata chegar ao paseo e anegar tamén a zona de xogo do parque infantil. Unha situación que supuxo un atractivo máis para os rapaces e rapazas que durante a tarde do domingo xogaron nese espazo.

Pola súa banda os bañista acabaron subidos á pasarela de madeira ao quedar a Praia sen area e algún dos habituais riders que practican o Kite surf na zona, deixaron o mar aberto para practicar este deporte nun pequeno lago que se formou no interior da zona protexida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará