Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe preto de 65.000 euros para políticas de igualdade

igualdadE

A subvención do goberno central servirá para contratar mulleres vítimas de violencia machista.

O Concello de Redondela recibiu do Goberno do Estado unha axuda de 64.842,93 € para de iniciativas que afonden na igualdade e para a erradicación da violencia machista. A alcaldesa Digna Rivas sinala que é “a maior subvención que o Concello de Redondela recibe en toda a súa historia” . Apunta tamén que nunca antes outro goberno “acadara o compromiso para que nos Orzamentos Xerais do Estado se destinasen, vía transferencia aos concellos, un incremento anual de 20 millóns de euros durante os vindeiros cinco exercicios”. Para Rivas o feito de que sexa a contía máis grande xamais recibida, “danos forzas para continuar desenvolvendo políticas activas, tanto de Igualdade como de erradicación contra a violencia machista”.

A alcaldesa adianta que, entre outros proxectos “ a axuda permitirá poñer en marcha un programa de contratación de mulleres vítimas da violencia machista”. Lembra Rivas que para estas mulleres “o traballo é a porta que lles permite saír do circulo da violencia”. Recalcou a importancia de desenvolver iniciativas que, como esta, contribúan a que “as vítimas teñan acceso á independencia económica e persoal que é o xeito de romper definitivamente o vínculo co agresor e acadar a plena autonomía das súas vidas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará