Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gran triunfo de Chapela na liga Feminina en Meira

ChapelaPrinciesaRemeirando

Foto: Remeirando

As atletas de Chapela-Wofco recortan distancias con Cabo da Cruz na LGT. Logo de proclamarse  campioas de España, tamén foron máis rápidas na I Bandeira Feminina Princesa de Asturias en Castropol. Coa segunda posición Cabo da Cruz agora ten 69 puntos e Chapela-Wofco, 67. Esta diferenza de dous puntos está ao alcance das mozas que adestra Santiago Lago, que non poderán despistase nas probas que restan se queren ter opcións de facerse co título. Tirán Pereira, pola súa banda, acabou en terceira posición.

En canto á LGT A segue a ter tres equipos claramente en cabeza. Con opcións de facerse co título están  Bueu-Teccarsa e Samertolaméu-Oversea, con Tirán-Pereira xa máis afastada da cabeza. Na VIII Bandeira Illa do Samertolaméu-Concello de Moaña, triunfaron os da casa, xeral aínda que Bueu asegurou a súa presenza no play-off da Bandeira da Concha que se disputa o 1 de setembro. Chapela-Wofco non puido meterse na pelexa polo podio e foi cuarto. Na primeira das series disputadas antes da dos favoritos o vencedor foi Cesantes-Rodavigo. Deixou a moita distancia a Poboa, Narón e Mugardos, pero os seus tempos  non lles deron praza máis arriba e pecharon a xeral por baixo. Os de Cesantes teñen tamén aberta  súa loita para eludir os postos de descenso e play-off.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará