Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sheila Patricia achega a súa moura á Praza da Casa da Torre

SheilaPatriciaMoura

Imaxe do videoclip de “A Moura”, rodado en Redondela

A artista redondelá será a protagonista da programación cultural do Concello mañá sábado. A tradición galega fusionada co folclore das dúas beiras do atlántico está presente na súa vida e na súa música. O o seu primeiro álbum, Orixe, suma  influencias globais como a percusión africana ou os cantos porteños, sen esquecer a tradición galega como núcleo duro da súa arte. Os seus últimos traballos, como “A moura”, contan tamén historias de mulleres e renden homenaxe á  fortaleza feminina, ao tempo que experimenta novas sonoridades. No concerto que mañá ofrecerá na Praza da Casa da Torre contará tamén coa participación do grupo As Lembranzas e promete “moitas sorpresas”.

A cita é mañá sábado ás 22.00 horas con entrada de balde

Sheila Patricia no Womex e nas quinielas para Eurovisión

A intérprete de Redondela foi seleccionada polo xurado oficial da mostra de música mundial WOMEX. Trátase da feira de músicas do mundo máis importante,  celébrase desde hai case trinta anos en diferentes cidades europeas, e logo da pandemia regresa neste 2022. Todo un éxito para esta artista, xa que representará a Galicia logo de moitos anos de ausencias do noso país no cartel oficial. A cita será no mes de outubro en Lisboa.

Sheila Patricia representará a Galicia na feira de músicas do mundo máis importante

Por outra banda o seu tema “A moura” está entre os seleccionados para representar a España en Eurovisión no certame do próximo ano. Toda unha sorpresa para a cantante, xa que se trata dunha proposta que fan os propios “eurofans” entre centos de temas.

A selección de “A moura” como candidata para Eurovisión foi toda unha sopresa para a artista

O video clip de “A moura”, rodado en diferentes localizacións de Redondela, tivo desde o seu lanzamento unha gran repercusión e xa supera as 100.000 visualizacións en Youtube.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará