Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acolle a presentación do último libro de Francisco Rodríguez sobre o Reino da Galiza

francisco rodriguez

O exdeputado do BNG presenta o libro titulado “Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza”, o primeiro tomo dun extenso ensaio sobre o Reino Medieval da Galiza, a súa evolución histórica e os principais actores políticos, culturais e sociais da época. O acto organizado polo Fundación Galiza Sempre terá lugar no Multiúsos de Arcade ás 20:30 horas deste xoves día 30.

Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) é coñecido pola súa faceta de político pero tamén como crítico e escritor. Achégase con esta obra a historia medieval nun acto no que estará acompañado da directora de Nós Diario e veciña de Soutomaior, María Obelleiro.

Desde o BNG da localidade convidan á veciñanza que estea interesada a asistir á presentación desta obra, un dos traballos de investigación e recompilación de datos históricos máis importantes da historia recente, levado a cabo por un dos políticos nacionalistas e intelectuais máis

importantes da historia do BNG.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará