Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas saca adiante os seus orzamentos co apoio de AER e a abstención do BNG

plenoxuño

As contas municipais volvían ao pleno un mes despois de que os votos en contra de PP e BNG impedirán a súa aprobación. Nesta ocasión tan só os populares mantiveron a súa negativa a apoiar este documento, o que permitiu ao goberno do PSOE aprobar os primeiros orzamentos dende que Digna Rivas chegara á alcaldía no 2019.

Nesta ocasión non houbo sorpresas e os votos a favor de PSOE e AER, xunto coa abstención dos dous concelleiros do BNG, permitiron ao goberno local aprobar os seus orzamentos malia o voto en contra dos populares. Unhas contas que ascenden a máis de 20 millóns de euros o que supón un aumento dun millón de euros respecto aos prorrogados actualmente. O obxectivo, explicaba a edil de Economía e facenda, María Castro “é primar áreas que teñen incidencia na vida das persoas, polo que se inclúe un importante aumento en gasto social así como partidas para realizar as obras incluídas no programa 2020. Investimentos tales como a reforma do antigo conservatorio, a construcción dun skate park en Chapela ou a mellora da alameda desta parroquia, o remate da praza de Ponteareas ou a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres para a creación dun museo.

María Castro, PSOE

Argumentos que en ningún caso convencían aos populares, quen se ratificaban no seu voto negativo alegando que se trata duns orzamentos que non responden a realidade do concello nin as necesidades dos veciños.

Iván Crespo, PP

Con todo, unha boa parte do debate centrouse no cambio de posición dos nacionalistas, que o seu voceiro explicou “responde aos logros acadados durante este último mes de negociación” mentres os outros dous grupos da oposición os acusaban de cambiar a súa postura ante unhas contas que son “as mesmas que hai un mes”.

Neste sentido explicaba o nacionalista Xoan Carlos González que un dos motivos para decantarse agora pola obstención foi o compromiso do PSOE de modificar a ordenanza de emerxencia social para “dar resposta real a aquelas persoas que precisan desta axuda”. Engadía tamén outras novidades como a recuperación das subvencións ás comunidades de augas ou que haxa un compromiso por parte do goberno local de desenvolver un 25% das actividades culturais nas diferentes parroquias.

Xoán Carlos González, BNG

Argumentos que non lles servían nin aos populares nin aos concelleiros de AER. Estes últimos falaban dun “paripé por parte do BNG” porque “non se entende que os nacionalistas boicotearan as contas hai un mes e agora anuncien a súa abstención cando os números son os mesmos”. Roberto Villar facía referencia á pista de atletismo “argumento empregado polos nacionalistas hai un mes para votar en contra por entender que era pouco ambiciosa, e que non se modificou en absoluto”.

Roberto Villar, AER

Dende o PP chegaban a afirmar que o cambio de voto do Bloque “responde a que así llo impuxeron dende a deputación de Pontevedra”.

Iván Crespo, PP

Moito máis conciliadora era a edil socialista María Castro agradecendo que AER e BNG fixeran achegas ao documento e seguiran negociando “para que estas sairan adiante e permitisen aprobar un orzamento realista que busca dar resposta a todas as necesidades do municipio”.

María Castro, PSOE

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará