Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta afirma que está contratada a redacción do proxecto para a mellora das instalacións do Colexio de Cedeira

cole cedeira

A Xunta afirma que xa se están dando pasos de cara a reformar a cuberta da pista deportiva do Ceip Cedeira, tan demandada dende a comunidade educativa desta parroquia. Afirman que “xa está contratada a redacción do proxecto para a mellora das instalacións que suporá un investimento de 110.000€”. A mesma cantidade económica investiuse na pista polideportiva do IES Mendiño, centro que o xefe territorial de educación, César Pérez Arias, visitaba na xornada de onte.

Explican dende a Consellería que teñen en marcha diferentes proxectos de mellora en Redondela. Entre eles, salientan que vende asinarse a acta de replanteo para dar inicio ás obras de eficiencia enerxética no colexio CEIP Outeiro das Penas. Cun investimento de máis de 375.000€, a actuación ten como obxectivo a substitución das carpinterías exteriores dos tres edificios que forman o centro. No seu lugar colocaranse novas fiestras de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre cristal tipo climalit. Así mesmo, renovaranse as persianas, instalando unhas novas de aluminio don illamento térmico. No caso das portas de saída ao exterior, serán tamén de aluminio con rotura de ponte térmica con cristais dobre.

A Xunta asegura manter un firme compromiso coa atención das necesidades dos centros educativos de Redondela e confirma que “xa ten contratado a redacción do proxecto para a mellora das instalacións do colexio CEIP Cedeira, tal e como se acordou coa comunidade educativa do centro, e que suporá un investimento de 110.000€”. Por outra banda, tamén está prevista outra obra no IES pedro Floriani co obxecto de amplialo para dar cabida ao Bacharelato de Artes, que arrancará no vindeiro curso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará