Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigan a aparición do cadáver dun home nunha casa abandonada en Arcade

cadaver

Axentes da garda civil investigan o achádego dun cadáver que aparecía a última hora da tarde de onte nunha vivenda en ruínas na baixada ao Peirao. Trátase dun corpo en avanzado estado de descomposición que foi localizado no interior dunha casa abandonada e que se descarta que pertenza a Manuela Barbosa, muller desaparecida na localidade hai xa once meses, xa que o corpo atopado correspóndese cun varón de entre 55e 65 anos.

Carlos Bas, Protección Civil Arcade-Soutomaior

Carlos bas, responsable de Protección Civil de Soutomaior explica que foron uns rapaces os que atoparon o corpo tras adentrarse na vivenda e observar unha man que sobresaía de entre uns cascallos.

Os servizos de emerxencia desprazáronse á zona e comprobaron que malia o avanzado estado de descomposición do corpo, corresponderíase cun home. Todo apunta a que sería un indixente que segundos os veciños vivía no inmoble pero que dende hai semanas non se deixaba ver.

Agora as investigacións céntranse en identificar a vítima “algo que farán no Instituto Anatómico Forense no caso de que non apareza ningunha documentación na vivenda” e tamén tentar desvelar o acontecido “se este home faleceu antes de ser soterrada polos cascallos da vivenda ou se non foi así”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará