Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño do Viso por violencia de xénero

poli

Axentes da Policía Local e Nacional procederon a deter este home, de 56 anos de idade, por unha suposta agresión contra a súa parella que se tería producido na noite do pasado sábado na zona da Telleira na parroquia do Viso.

Foron os propios veciños da zona os que alertaron sobre as 23:50 horas do pasado sábado á policía local tras sospeitar que se estaba producindo un episodio de violencia nunha das vivendas da parroquia. Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas, unha da policía local e outra da nacional, quen xa localizaron ao suposto agresor nas proximidades do lugar. O home afirmou que tiña discutido coa súa parella marchando da casa a continuación. Con todo, a muller si denunciou diferentes agresións físicas polo que se procedeu a súa detención e posta a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará