Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS regresa a terceira división

redodnelafs

Logo de dez anos de ausencia, o Maramar Redondela confirmou esta fin de semana o seu ascenso de categoría. Unha vitoria ante outro equipo local, o Arealonga Construcciones Castro por 8-2 serviulles aos de Redondela para facerse cunha praza na terceira división, categoría na que competirán no vindeira tempada con outro equipo tamén recén ascendido, o Pazos de Borbén.

Un equipo o Pazos que felicitou aos redondeláns, quen recibiron innumerables mostras de apoio tanto no campo como a través das redes sociais polo seu ascenso logo de confirmar ese segundo posto na categoría que, a falta de tres xornadas para que remate a competición, xa os sitúan matematicamente na terceira división.

Na vindeira semana xogarán contra o Balona Linense mentres que o Pazos recibe ao Teis.

O Arealonga dende a decimo terceira praza recibe o domingo 15 en Chapela ao Cíes Vigo Mondariz, equipo situado un posto por baixo na clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará