Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR confirma a permanencia en Primeira Nacional

sar primeira

O equipo redondelán puido celebrar coa súa afección a permanencia na categoría logo de vencer ao Tejina La Laguna por 26-21. Unha vitoria que lle serviu ao Plastic Omnium para confirmar de forma matemática que na vindeira tempada seguirá sendo equipo de primeira. O conxunto local foi por diante durante todo o encontro, pero con distancias curtas ata que logrou escaparse do rival no tramo final do partido.

A SAR xoga na vindeira fin de semana na Coruña contra o Galdar, nun partido que porá fin a competición.

Unha categoría da que se despide o Chapela que volvía caer esta fin de semana ante o Ingenio. Nada puido facer o Rodosa que viaxaba con moitisimas baixas .Xunto coa falta de obxectivos o equipo non logrou meterse no partido. Ao descaso o Ingenio gañaba 19-13, vantaxe que seguiu incrementando ata chegar ao final cun marcador de 39-18.

O Rodosa Chapela xogará na casa o último partido da tempada, recibe no pavillón da parroquia ao Carnes Rodeiro de Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará