Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festa do Choco, pasado e presente para unha cita gastronómica

choco

Corría ao ano 1987 cando un grupo de hostaleiros de Redondela decidían poñerse a traballar man a man para crear unha festa gastronómica que servira para promocionar un dos produtos estrelas de Redondela: o choco da enseada. Unha festa que chega este ano a súa XXXV edición cun formato moi diferente ao que marcou esta celebración nos seus inicios pero fiel ao seu espírito. Uns inicios dos que nos falan algúns dos seus promotores Manolo Conde, José Manuel Durán e Carlos Crespo.

A día de hoxe é o goberno local é o encargado de organizar esta festa gastronómica, pero a idea nacía 35 anos atrás deste grupo de hostaleiros que, capitaneado polo xa falecido Jaime Villaverde traballaron para converter o choco de Redondela na bandeira da Vila. Eles tíñano claro, había que botar a andar unha festa que servira para promocionar o choco e que situara Redondela no mapa das citas gastronómica dos país.

Manolo Conde rexentaba naqueles ano o restaurante “Casa Paco”. Lembra que había tres localidades rivalizando por facer unha festa en torno a este cefalópodo. “Redondela tivo que adiantarse a outros concellos como Cambados e O Grove que tamén estaban barallando a posiblidade de renderlle tributo a este produto. Con todo, o fundador e hosteleiro asegura que  “o Choco de Redondela non ten comparación co doutros Concellos”. O segredo da súa calidade radica nas características do hábitat da enseada de San Simón e nas técnicas artesanais de pesca que se empregan para a súa extracción.

Manolo Conde

Durante a primeira edición de 1987 a asociación de comerciantes tiña recursos moi limitados e boa parte da organización dependía do traballo dos propios hostaleiros. Carlos Crespo lembra que a base do éxito que tivo a festa foi a publicidade. Nun mundo no que non existían redes sociais nin internet esa publicidade era co “boca a boca” ou en papel impreso. Lembra que chegaron a repartir folletos en todos os medios de transporte e a publicidade chegou ata Verín, A Cañiza e Monforte”.

No día da inauguración “viu tanta xente que non se cabía”. Estiman que pasaron por Redondela unha 15.000 persoas,“collían o prato, pagaban e comían onde podían”. Dos 5000 kilos de choco cos que contaban os organizadores tan só sobraron 20”.

Carlos Crespo

Algún dos hostaleiros que participaron nesa primeira edición como José Manuel Durán aclaran que “a organización era máis caótica que agora, e todos os que participaban tiñan que facer un pouco de todo”. Aínda que agora está xubilado segue participando na comisión porque asegura que leva esta festa no corazón.

José Manuel Durán

Os fundadores están orgullosos da innovación gastronómica que se fai hoxe en torno ao Choco, ademais das tradicionais empanadas, o arroz con choco ou o choco na súa tinta tamén podemos degustar pizzas ou canelóns recheos deste cefalópodo. Hai outros pratos aínda máis innovadores como croquetas de choco con alioli e salpicón de choco con algas en tempura ou fabas con choco. Pratos que estes días se poden degustar nun total de 12 establecementos do noso concello, tanto do centro da vila como de Cesantes ou incluso chapela.

Unha festa que nos deixa este fin de semana diferentes citas culturais e musicais, así hoxe venres as propostas serán ás 19:00 horas con La Supersonic na praza da Constitución e ás 20:30 coas Efémeras na Alameda de Castelao.

O sábado haberá pasarrúas e Showcooking co cociñeiro de Maruja Limón, Rafael Centeno ás 12:00 horas na carpa da Alameda e música durante toda a tarde cos grupos Harpo, Chicoy Zeppo, Zeltia Irevire e pechará a xornada a música da Rondalla de Redondela ás 20:45 tamén na Alameda.

O domingo a música correrá a cargo do Carballo das Cen pólas pola mañá e o grupo Crónicas Pop ás 18:45 na praza da Constitución. A orquestra de Saxos será aa encargada de pechar as festas deste ano cun concerto na Alameda ás 20:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará