Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección en Redondela do documental “A Virxe Roxa” sobre o asasinato de Hildegart Rodríguez

virxe roxa

O Ciclo Mestre Mateo que promoven a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra celebrará este próximo sábado a súa segunda sesión coa proxección nos concellos de Ponteareas, Poio, Redondela, Cambados e Forcarei do premiado documental “A virxe roxa”, a cinta gañadora do galardón nesta categoría. A película poderá verse o sábado no Multiúsos da Xunqueira ás 19:30 horas.

“A virxe roxa” leva á pantalla a historia dun suceso que conmocionou á España de 1933, o asasinato de Hildegart Rodríguez, de 18 anos, pola súa nai Aurora Rodríguez Carballeira, que lle asestou 4 disparos. Hildegart era unha nena prodixio da política, unha precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. O filme, unha produción de Recrea Films, está dirixido por Marcos Nine, que tamén asina o guión xunto a Rocio González, e conta coas voces de Nerea Barros, Antonio Durán “Morris” e María Vázquez.

O ciclo, que busca dotar aos concellos da provincia dunha programación audiovisual estable de cinema en galego exhibirá ao longo do ano o resto das películas premiadas e finalistas dos Mestre Mateo 2022, polo que amais de “A virxe roxa” tamén proxectaranse nos próximos meses os documentais “A poeta analfabeta”, “Welcome to ma maison” e “O gran Camiño” así como as longametraxes “Tres”, a premiada, e as finalistas “Cuñados”, “Jacinto” e “Malencolía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará