Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior demanda a fibra óptica para o Concello

soutomaior

Os nacionalistas critican que malia o compromiso do alcalde Agustín Reguera “quen en xaneiro do 2022 a totalidade da veciñanza tería acceso a este servizo, a día de hoxe máis da metade do concello sigue sen acceso a este servizo.

O edil nacionalista Diego Moreira manifestou que “ moitos veciños siguense dirixino a nós para queixarse desta situación, é incomprensible que mentres no rural dos concellos limítrofes teñen acceso a fibra dende hai anos na totalidade do seu territorio, en Soutomaior non chega, e nin tan sequera hai previsión de que o faga a curto prazo, a máis da metade da veciñanza”.

“Despois dunha pandemia, na que a veciñanza precisou de internet para que os nenos e nenas puideran seguir as clases e os adultos adaptarse ao teletraballo, situación que sigue sendo moi necesario, miramos como outra vez chegamos tarde, e a parálise a que nos ten instaurados este equipo de goberno pagámola a veciñanza, cando miramos que servizos tan necesarios nestes tempos que corren siguen sen estar cubertos” concluiu o concelleiro.

O voceiro municipal do BNG e deputado Manu Lourenzo quixo recalcar que “ estamos fartos de propaganda, hai máis dun ano dicíase que en xaneiro teriamos fibra e seguimos agardando, en xaneiro dicíasenos que se nos ía convocar a unha xuntanza para explicar a situación actual e ver que medidas podiamos adoptar e seguimos agardando.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará