Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xurxo Martínez: “Só defendendo os nosos dereitos lingüísticos poderemos consolidar o noso idioma”

xurxo

A loita do responsable de Normalización Lingüística de Redondela logra unha sentenza “histórica” ao confirmar o TSXG a obrigatoriedade da Axencia Tributaria a garantir o uso do galego. Unha sentenza que chegou logo de 4 anos de batalla xudicial iniciada por Xurxo Martínez. Un longo proceso onde contou tamén co apoio dos servizos xurídicos da Mesa pola Normalización Lingüística

A sentenza, emitida o 4 de abril de 2022 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, declara nulos os actos administrativos efectuados pola Axencia Tributaria en castelán, despois de que este cidadán galego manifestase querer ser atendido na súa lingua.

Explica o responsable de Normalización lingüística que esta sentenza supón un “verdadeiro triunfo para o idioma galego”  que ven dicir que “a obrigatoriedade do castelán non é un argumento para impedir o uso do idioma galego” e que “o Estado ten que ter en conta a escolla lingüística do usuario”.

A Mesa encargouse da parte xurídica dun longo proceso que arrancou catro anos atrás cando Xurxo Martínez decidiu non atender os requirimentos e advertencias da Axencia tributaria ata que este organismo lle enviara esa documentación en galego. Unha decisión que supuxo incluso que lle embargaran a conta.

Unha sentenza que crea xurisprudencia e que vén protexer un dereito linguístico que é preciso exercer. de feito Martínez anima á cidadanía a reclamar eses dereitos “única forma de consolidar un status de normalidade para o noso idioma”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará