Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

2.500 kg de solidariedade no Torneo choqueiro

chocosolidario

Representantes de Cáritas visitaron o club para a recollida de alimentos doados polos equipos participantes, nun torneo que celebrou xa a súa oitava edición e no que o principal obxectivo é facer unha xornada na que a solidariedade e o fútbol vaian da man.

A entrega dos alimentos fíxose efectiva na tarde de onte nas instalación de Santa Mariña. O presidente do Cub, Iván Crespo e Michi del Ojo, coordinador dos dous equipos base, recibiron a representantes de Cáritas, Paco Couñago, Modesto González e Fermín Alfaya, para a entrega de arredor de 2.500 kg de produtos non perecedoiros, quen amosaron a súa satisfacción pola recollida realizada.

Malia o traballo que sempre esixe a organización dun evento como, coa presenza de máis de cincocentos rapaces, “paga a pena cando ves que a xente responde e podes entregar quilos e quilos de comida para os máis necesitados”, afirma Crespo.

Dous días nos que os máis pequenos gozaron do fútbol

O Torneo Solidario “Un Quilo, un Sorriso” desenvolveuse a pasada fin de semana en Santa Mariña. Equipos das categorías de Prebenxamin, Benxamín, Alevín, e Infantil tanto de Galicia como de Portugal, foron os participantes deste torneo.

Os equipos participantes foron o CD Choco, anfitrión de evento, Tyde CF, Brexo Lema, Ad Barroselas, EFB Cangas, SD Pontecaldelas, Sporting Coruñés, Atlético Arcos,  AD Bosco, Atlético Cercedense, Braga SC, Moraña CF, ED Val Miñor, Racing Castrelos, SD Puentecaldelas, CD Moaña, CD Maceda, Pavillón de Ourense, Celta Academy, FC Cruceiro e Arbo CF, Grupo Casa Paco 81, Atlético Cuntis, Caldas CF, EFB Moañesa, Cristo Vitoria SD e ED Arousa.

Campións por Categorías.

Malia que ou que menos importaba nestas xornadas deportivas eran os trofeos, sempre ilusiona aos rapaces alzarse campións.

Na categoría prebenxamín: Grupo Casa Paco 81 (primeiro clasificado), Caldas CF (2º clasificado), Cristo Vitoria SD (3º clasificado).

Na categoría benxamín: ED Val Miñor (1º clasificado), AD Barrosela (2º clasificado), SC Braga (3º clasificado).

Na categoría Alevín: CD Choco (1º clasificado), AD Bosco (2º Clasificado), Sporting Coruñés (3º clasificado).

Na categoría Infantil: Pavillón Ourense (1º clasificado), Celta Academy (2º clasificado) e CD Choco (3º clasificado).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará