Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reclama a demolición da Presa do Inferno e a recuperación da canle natural do Verdugo

presa do inferno

O concello amosa o seu apoio ao informe de Augas de Galicia no que se solicita a demolición deste encoro. Colectivos ecoloxistas e veciñais como a asociación Pladever levan anos reclamando a retirada da centra hidroeléctirca do río Verdugo, cuxo prazo de explotación finalizou no ano 2017

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, desprazouse até a sede de Augas de Galicia para participar no proceso aberto polo ente autonómico para decidir o futuro da Presa do Inferno. Alí, tras coñecer as conclusións do último estudo técnico realizado e no que se  recomenda a demolición desta infraestrutura, o alcalde aproveitou o trámite de audiencia aberto no expediente para mostrar oficialmente o apoio de Soutomaior a dita demolición e a recuperación da canle natural do río Verdugo.

Malia que as conclusións do informe son precisas e avoga claramente pola retirada da central hidroeléctrica, o estudo non ten carácter vinculante e a decisión definitiva sobre o futuro do aproveitamento corresponde á dirección de Augas de Galicia. Por este motivo, desde o Concello de Soutomaior remitirase nos próximos días unha carta apoiando as conclusións do informe e solicitando a retirada da presa.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou esta visita como un paso máis para poder recuperar a canle orixinal do Verdugo e lembrou que Augas de Galicia xa cualificou fai tres anos ao Verdugo como un río moi modificado como medida de protección ambiental incluída na Directiva Marco da auga Europea.

Do mesmo xeito, o edil indicou que a eliminación da presa e a posterior restauración da canle orixinal do rio implicaría a recuperación dun tramo de 2km do rio Verdugo e 5km do rio San Vicente, “o que suporía un aumento da biodiversidade do río e melloraría a súa produtividade natural, unha mellora que sería moi beneficiosa para os nosos sectores produtivos como o marisqueo e a hostalaría”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará