Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana de teatro con La Quintana e Baobad

premio

O premio é a nova proposta escénica da compañía La Quintana Teatro. Esta coproducción do Centro Dramático Galego, que dirixe Marián Bañobre, articúlase como un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida. O sábado 9 de abril ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 euros.

Unha comedia que nos leva ata o ano 2050 cando xorde un programa de TV que ten como obxectivos que os concursantes gañen 5 millóns de euros e será o público quen vote quen é merecedor do mesmo.

No escenario Raquel Espada, Xurxo Cortázar e Victoria Teijeiro quen non achegaba máis información sobre esta proposta

O domingo día 10 ás 18:00 horas a obra estará orientada ao público familiar coa actuación da compañía Baobad Teatro e o seu espectáculo Ás para Alex. Unha proposta para todos os público enmarcada no IV ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela. Entrada 3 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará