Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sete comparsas percorrerán a vila no desfile do Entroido do domingo

meco

A situación sanitaria permite recuperar este ano actividades que foran suspendida no 2021. Con todo, a participación será menor que en edicións prepandémicas e serán sete as formacións que percorrerán este ano as rúas da vila no Desfile de Comparsas que partirá o domingo ás seis da tarde dende o Campo da Feira. Unhas actividades que arrancarán xa o sábado co Entroido infantil con obradoiros e música na Alameda a partir das cinco da tarde.

Dende o concello salientan “o traballo realizado polas formacións participantes” quen tiveron que traballar arreo e coa incerteza da evolución da pandemia da Covid´. Estas sete comparsas –cómpre lembrar que nesta categoría só entran as agrupacións con máis de 26 compoñentes– serán as que poñan cor a un desfile que a veciñanza espera con ilusión logo de estar suspendido o pasado ano pola crise sanitaria.

Iria Vilaboa, concelleira de Cultura

Amais do Desfile de Comparsas que terá lugar o domingo 27 de febreiro, o martes 1 de marzo a partir das 17 horas terá lugar o concurso de disfraces de grupos, parellas e individual. Todas as persoas os que desexen participar nesta fase do concurso, realizarán a súa inscrición o mesmo día dende as 16 horas nun posto instalado nos soportais do Concello.

Previamente, mañá sábado, os protagonistas serán os nenos con obradoiros infantís de 17:00 a 19:00 horas e concerto As que máis molan da Gramola Gominola ás 18:30 horas.

A alcaldesa Digna Rivas, amosou a súa ledicia por que Redondela “volva a recuperar unha das súas celebracións tradicionais chea de música, cor e non exenta de ironía nas letras das coplas”. Digna Rivas afirmou “ser optimista” á hora de que esta celebración do Entroido 2022 “marque un punto de inflexión para recuperar unha certa normalidade nas nosas vidas que se mirou truncada, do xeito máis duro, por mor da pandemia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará