Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En risco o derrube da nave anexa ao Convento e o estacionamento disuasorio de Vilavella

nave convento

A negativa da oposición a apoiar  unha modificación no sistema de financiamento para a realización desta obra, deixa no aire os 500.000 euros do Plan Concellos necesarios para acometer un proxecto que contempla derrubar a nave e construír no seu lugar unha zona de estacionamento de 150 prazas. PP e AER pedíanlle o goberno que deixara o tema sobre a mesa para o seu estudo, mentres que o BNG poñía en dúbida a idoneidade dun aparcamento nunha zona que debería ser recuperada medioambientalmente.

A adquisición da nave anexa ao convento de Vilavella supuxo un desenvolso de case medio millóns de euros (449.350 euros). O obxectivo do goberno local era proceder a demoler dita nave para a creación dun espazo de esparexemento e no que se crearía un estacionamento disuasorio. Para avanzar nesa actuación “que suporía unha prolongacións das obras que actualmente se están a realizar na praza de Ponteareas”, a concelleira de urbanismo María Castro defendía no pleno de onte unha modificación económica para repartir en dous anos a cantidade necesaria para esa obras e que ascendería a un total 546.000 euros. 

María Castro, Concelleira de Urbanismo

Unha iniciativa que non contou co apoio de ningún dos grupos da oposición malia que por cuestións diferentes. Así, para o BNG acometer este proxecto tal e como está formulado é “perder unha oportunidade para recuperar este espazo degradado e convertelo nun espazo de aproveitamento público”. Os nacionalistas insistían en que non lle ia tremer a man á hora de votar en contra dunha proposta que “supón botar asfalto nunha zona de interese ao carón do Alvedosa”. Criticaba tamén que o PSOE non consultara esta actuación co resto dos grupos.

Xoán Carlos González, BNG

Dende AER pola contra, malia insistir en que si estaban de acordo co proxecto, optaban por non apoialo por entender que debía ser explicado máis polo miudo para coñecer si é viable a súa realización. O edil Daniel Boullosa reclamaba ao PSOE que se deixara o punto sobre a mesa “e se convocara unha reunión para informar aos grupos dos detalles do proxecto”.

En todo caso contradixo ao edil do Bloque ao negar que se tratase dun aparcamento semellante ao do campo da feira, senón que se fará engadindo zonas verdes e empregando materiais menos agresivos que o asfalto como poida ser a zahorra.

Daniel Boullosa, AER

Carmen Amoedo, dende o PP, insistía en que un proxecto que vai cambiar a imaxe de Redondela non pode ser levado adiante sen antes ser consensuado cos grupos da posición “queren que aprobemos algo en cinco días cando hai xa ano e medio que adquiriron esa propiedade” motivo polo que tamén solicitaron que deixaran o tema sobre a mesa ata que non se lles explicara ao resto dos membros da corporación “todos estamos de acordo en que esa zona necesita un cambio, tamén que os aparcamentos son necesarios pero non é necesario facelo con tanta presa”

Carmen Amoedo, PP

María castro aseguraba “non entender as reticencias do resto dos grupos, xa que é necesario facer agora este trámite porque estamos en prazo” e insistía en que a compra da nave e o seu derrube vai ser un paso imprescindible para recuperar a zona “eliminando un atentado contra o patrimonio e permitirá completar a obras de remodelación que se está a levar a cabo na praza de Ponteareas”, negando que o proxecto contemple a realización dunha explanada de cemento.

María Castro, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará