Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alumnos do Padín Truiteriro plantan 60 árbores no Monte do Salgueirón

Plantación árboles Padin Truiteiro

Os escolares de Soutomaior están decididos a plantar cara ao cambio climático. Máis de 60 alumnos do CEIP PadinTruiteiro participaron nunha xornada dedicada a promover o respecto polo medio ambiente e a posta en valor dos recursos forestais do municipio.

Este é o 15º ano consecutivo, coa única excepción do 2021 pola pandemia, no que leva a cabo esta iniciativa en diferentes montes do municipio. Para esta ocasión seleccionouse o Monte do Salgueirón e plantáronse exemplares de oliveira, maceira e escornabois, até completar un total de 60 árbores.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañou aos alumnos e definiu a iniciativa como un exemplo de sensibilización ecolóxica. “O respecto e a conciencia ambiental é un valor fundamental na sociedade de hoxe en día. Só con ver a implicación dos pequenos sabes que esta clase de iniciativas son un gran acerto, e para o Concello é un orgullo poder apoialas”, afirmou.

A xornada foi organizada entre a comunidade de montes de A Devesa, o CEIP PadinTruiteiro, e o Concello de Soutomaior, que achegou as árbores, acondicionou o terreo para a plantación e proporcionou un xantar saudable aos pequenos unha vez finalizada a actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará