Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recupera o ciclo folk “A nosa música”

Programación Cultural.indd

Un ciclo enmarcado na programación da Concellería de Cultura e no que se inclúen cinco concertos de música tradicional: Abeleiras de Alxán, As Efémeras, Breocáns, Chevellos e Os Pecios de Rande. As actuacións desenvolveranse no Multiúsos da Xunqueira, no auditorio de Chapela e na Alameda de Castelao. A primeira das cita será o sábado 19 con Abeleiras.

O grupo folk As Abeleiras de Alxán serán as primeiras en subirse ao escenario o sábado 19 ás 20:00 horas nun concerto que terá lugar no Multiúsos da Xunqueira. Un coro tradicional integrado principalmente por mulleres encargado de abrir un ciclo que seguirá o 6 de marzo ás 18:00 horas con As Efémeras. Neste caso un concerto adiado do pasado mes de decembro e no que tocarán o seu primeiro disco ao completo pechando un espectáculo que os acompañou estes meses. As entradas para ambos concertos teñen un custe de 3 euros.

As seguintes propostas serán xa o 19 de marzo con Breocáns, o 2 de abril con Chavellos e o 1 de maio co grupo Os Pecios de Rande.

Un ciclo enmarcado na programación cultural Inverno 2022 na que o Concello mantén a súa firme aposta polo teatro, tanto adulto como infantil e no que non faltan actividades xa plenamente consolidadas pola aceptación que teñen entre o público como o Ciclo de Monólogos, o Festival Internacional de Bigs Bands ou o Festival Internacional de Curtas ‘Andaina’.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará