Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As traballadoras de axuda a domicilio critican que a licitación do servizo se faga en base a criterios económicos

saf

Aseguran que a puntuación das empresas que se presentaron ao proceso de Contratación do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Redondela atende principalmente ao prezo ofertado á baixa, sen valorar a calidade do servizo que se debe levar a cabo xa que “non se pediu o pertinente proxecto técnico que se adoita solicitar en todos os concursos”. Engaden que as dúas empresas que obtiveron a maior puntuación “rozan o prezo de presunción de temeridade, é dicir, presentaron ofertas anormalmente baixas que poderían resultar inviables”.

Explican dende a CUT que de facerse un pequeno cálculo dos gastos que debe afrontar unha empresa de prestación do SAF, as melloras económicas ofertadas por estas empresas non serían viables. “A única maneira de que ditas empresas poidan ter beneficios, solo pode ser a costa de reducir condicións sociais e económicas das traballadoras e subsidiariamente dos usuarios. Unha situación que pon en “serio risco” tanto o servizo como a asistencia que se lles da aos usuarios e as súas familias”.

Apuntan ademais que as empresas que concorren a adxudicarlle o servizo traballan en moitos sectores: socio-educativo, hostelería, conserxerías, xestión de persoal de museos, comedores, pero que non lles consta que teñan implantación na axuda no fogar.

Finalmente apuntan que no caso de resentirse o servizo “o único responsable sería o Concello por antepoñer unha vez máis o valor económico á calidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará