Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela asina coa Deputación o investimento de 850.000 euros para a transformación da Picota

picota

A actuación suporá a humanización e mellora da rúa Picota, a praza da Fonte do Mouro e a contorna da Capela de Santa Mariña para crear “unha zona continua, segura, accesible e onde o tránsito peonil será protagonista”. O proxecto, que conta cun orzamento de 850.000 euros, do que a Deputación achega 636.940 € e o Concello 212.313, será posible co Plan ReacPon cuxo convenio asinaron hoxe a presidenta provincial Carmela Silva e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas no momento de asinar o convenio

Unha actuación que busca dar protagonismo ao tránsito peonil, aplicando en toda a vía unha plataforma única para garantir a seguridade e a accesibilidade. Igualmente, mellorarase o aspecto visual e funcional da rúa (desde o cruce coa rúa Fumeiros ata a N-550), integrando as dúas prazas de Fonte do Mouro e da Capela de Santa Mariña no seu trazado, que tamén se vai regularizar, dotando a rúa dunha nova identidade relacionada co adoquinado existente na vila e tamén con novos pavimentos empregados nas prazas. Amais, revalorizaranse a Capela e a Fonte do Mouro, crearanse zonas de estancia en ambas as dúas prazas e eliminarase o feísmo mellorando os accesos ás vivendas, bares e aparcadoiros.

Amais de zonas axardinadas, entre os materiais que se empregarán destacan o aceiro galvanizado gris para escaleiras, límites entre pavimentos e varandas, o formigón para beirarrúas e chanzos, o adoquín para franxas de beirarrúas e pavimento base na área rodada

A presidenta, Carmela Silva, sinalou a importancia deste proxecto “moi potente”, situado dentro do Camiño Portugués, “polo que non estamos a falar unicamente de recuperación do espazo público para as persoas, senón que forma parte dun itinerario primordial para a provincia, polo que circulan moitísimas persoas e debe estar nas mellores condicións”.

Pola súa banda a alcaldesa, Digna Rivas, deu as grazas á Deputación “porque, grazas ao modelo que tivo desde o primeiro día da chegada deste goberno, os concellos temos a oportunidade de transformar as nosas vilas. A rexedora asegurou que “a Deputación non deixa de lado as nosas veciñas e veciños, que é a quen temos que primar, e grazas a que os seus plans teñen criterios obxectivos Redondela poderá transformar unha rúa –a da Picota– que levaba anos esquecida, pola que pasan milleiros de persoas, cuxas veciñas e veciños levaban tamén anos solicitando a súa humanización”. Digna Rivas engadiu que a esta actuación se lle suma “a transformación da rúa Santa Mariña, que está xusto ao carón desta zona, e que será levada a cabo con recursos do Plan Concellos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará