Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cautela en colectivos e concello ante o anuncio do promotor do parque eólico de Reboreda e Pazos de desistir ao proxecto

muiños

O Xunta de Galicia confirmaba a renuncia do promotor do proxecto a construir un parque eólico que afectaría aos montes do concello de Pazos de Borbén e Redondela. Unha información que os colectivos de Reboreda prefiren non valorar polo de agora “ata ter máis información ao respecto”. O mesmo sucede no concello xa que aseguran que malia os seus intentos por poñerse en contacto co goberno galego para coñecer en que situación está este proxecto non recibiron “ningún tipo de notificación, informe ou comunicación oficial”.

O promotor do parque eólico, segundo recolle o xornal Faro de Vigo “ten presentado o desestimento para levar a cabo esta iniciativa”. Unha información que se fai pública xusto cando dende o concello de Redondela viñan de denunciar o escurantismo existente en torno a posible instalación de aeroxeneradores nos montes de Reboreda “o Concello carece de información oficial da Xunta de Galicia sobre este parque eólico” e adiantaban que presentarían alegacións “en contra dunha iniciativa de dubidosa eficacia enerxética”.

De feito o goberno local remitira xa un oficio á Xunta de Galicia no que esixían “información detallada sobre o proxecto” para saber como afectará aos montes de Reboreda, tanto pola instalación dos propios muíños de vento como polos danos que poden causar ao entorno natural a apertura de pistas e tránsito de vehículos pesados para a colocación dos aparellos. A día de hoxe, segundo confirmaron esta mesma mañá, seguen sen ter ningún tipo de resposta oficial.

Tamén os colectivos da parroquia que decidiron facer piña para loitar contra este proxecto prefiren ser prudentes á hora de valorar a noticia e esperar a ter máis información ao respecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará