Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home por tentar roubar nas máquinas expendedoras dun establecemento de Ernestina otero

vending

Axentes da Policía Local de Redondela procederon na madrugada deste mércores a detención dun varón logo de ser sorprendido mentres tentaba forzar e roubra as máquinas anexas a un establecemento de hostalaría da rúa Ernestina Otero.

Os feitos aconteceron sobre as 01:15 da madrugada, cando un varón de 23 anos  e residente en Vigo foi sorprendido polo propio dono das máquinas de vending cando forzaba as mesmas axudado dunha barra de ferro. Ao ser sorprendido daríase a fuga ameazando ao propietario coa propia barra.

Posteriormente sería localizado novamente nas inmediacións do local e detido pola Policía Local por un presunto delito de ameazas e roubo con forza. O detido foi posto a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará