Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade educativa de Fornelos implicase na repoboación do monte

plnatar

O CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes ten previsto realizar na vindeira semana unha plantación de árbores nos arredores do colexio cun dobre obxectivo: repoboar os terreos afectados polos incendios forestais e implicar a sociedade na necesidade de preservar, coidar e gozar do contacto coa natureza. Un proxecto educativo e social que leva por nome “Fornelos ao Monte”.

Unha iniciativa que xurde, tal e como nos explica un dos profesores do centro, Diego Lozano, da necesidade de achegarlle ao alumnado coñecementos sobre o lugar onde viven, para que dese xeito descubra o patrimonio natural, artístico e cultural que o rodea. Unha necesidade que se puxo máis de manifesto “nun tempo de pandemia no que non se poden facer grandes desprazamentos e perdemos a relación máis humana entre as persoas”. Nacía así o proxecto Fornelos ao monte co propósito de gozar dos espazos naturais ao aire libre e aprender co contacto coa natureza.

Diego Lozano fálanos dos obxectivos do programa

En total está previsto plantar uns 20 exemplares de castiñeiros que teñen como característica particular o feito de estaren micorrizados, o que permitirá que teña un maior crecemento e proporcionará no futuro cogomelos en cantidades interesantes. Unhas árbores que se unen aos carballos que se plantaron en cursos pasados e que permiten enriquecer a contorna do colexio.

Un traballo que permite vincular en maior medida o currículo escolar coa contorna e que ten tamén outros exemplos como o “fitofaladoiro” que achega a rapazada o nome das árbores e plantas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará