Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Magos de Oriente visitan Pazos e Soutomaior

ReisPazos

Melchor, Gaspar e Baltasar non faltarán á súa cita cos nenos e nenas de Soutomaior. Mañá mércores visitarán todos os barrios do municipio para que, a pesar das medidas de protección sanitarias, a rapazada poida saudalos e fotografarse con eles. O percorrido comezará ás 11:30 horas na Casa do Concello, onde o goberno local recibirá ás súas maxestades para acompañalos durante unha parte do seu camiño. Así, ás 12:00 horas comezarán visitando o Campo de San Benito en Romariz e continuará nos barrios de Pedreira, Comboa, Aranza, Cortellas, Moreira, Lourido, Val Sobral, Rial, Alxán e finalizará na Casa do Pobo da Montesiña. Pola tarde terá lugar unha pequena cabalgata de Reis desde a rúa Calvario até a alameda Talo Rio, onde sobre as 18:00 horas recibirán a todas as nenas e nenos para que poidan fotografarse con eles de maneira segura e respectando os protocolos sanitarios.

Visita madrugadora en Pazos de Borbén

A visita real a Pazos de Borbén foi a máis madrugadora. Onte visitaron a todos os nenos do municipio nunha iniciativa organizada polo Concello “que substitúe ao tradicional recibimento que cada ano tiña lugar no salón de actos municipal”. Debido á situación sanitaria actual, “e para que conservar viva a ilusión dos máis pequenos, organizamos unha pequena visita que chegou a todos os barrios do municipio”, indicou o alcalde, Andrés Iglesias. Ademais o Concello tamén puxo en marcha unha campaña nas redes sociais municipais para animar aos máis pequenos a celebrar o Nadal. Así, todos os que envíen unha fotografía ou vídeo de nadal ao teléfono 657437 790 ou ao enderezo electrónico concello@pazosdeborben.org, recibirán na súa casa un pequeno agasallo entre os días 5 e 7 de xaneiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará