Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela suspende as Rondallas e Ranchos de Reis

rondallas

A elevada incidencia de casos Covid levou ao goberno local a suspender o tradicional certame de Rondallas e Ranchos de Reis previsto para a festividade do xoves, 6 de xaneiro. A concelleira de Cultura explica, Iria Vilaboa, que se trata dunha cita “que congrega moito público”, e malia celebrarse ao aire libre desde o Concello decidiron suspender esta actividade “para evitar aglomeracións de persoas que poidan ser foco de propagación do virus”.

Si se manteñen as citas par ao público infantil e familiar, con dous concertos. Esta tarde, ás 18.30 horas, o Multiusos do Piñeiral do Crego acolle a actuación de Uxía Lambona. Mañá martes, ás 18.00 Paco Nogueiras estará no auditorio da Xunqueira coa música do seu traballo Radio Bule Bule. Vilaboa explica que nos dous casos as entradas son de balde “con aforo limitado e respectando todas as medidas sanitarias”.

O mércores, día 5 de xaneiro, os Reis Magos visitarán Redondela. Seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, as cabalgatas adoptarán o formato de actividades estáticas. En Redondela, os Magos de Oriente estarán no Campo da Feira mentres que en Chapela compartirán un tempo cos nenos e nenas na Alameda Rosalía de Castro. En ámbolos casos o horario será de 11.00 a 14:30 horas e de 16.00 a 20:30 horas. O Concello establecerá un protocolo de seguridade, con sinalización da ruta de entrada e saída, vixilancia da distancia de seguridade e o recordatorio da obrigatoriedade de levar a máscara de protección.

Redondela supera os 1.800 casos de incidencia acumulada

A situación sanitaria complícase en Redondela, ao igual que nos municipios veciños, cunha elevada taxa de contaxios. Nos últimos 14 días diagnosticáronse 527, cunha incidencia acumulada de 1.804 casos por cada 100.000 habitantes. Os casos activos a día de hoxe son 578. A incidencia máis alta da comarca está en Fornelos de Montes, con 2020 casos, ao sumar 32 contaxios nos últimos 14 días. En Soutomaior son106 os casos detectados nas dúas últimas semanas, cunha incidencia de 1.433, mentres Pazos de Borbén, con 36 contaxios, está en 1.215 casos de incidencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará