Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela encara o Nadal con 379 positivos en Covid-19

redondela-centro

En vésperas da Noiteboa, Redondela presenta unha situación cando menos preocupante en canto ao número de contaxios, cunha incidencia acumulada que se sitúa en torno aos 1.300 casos en 14 días por cada cen mil habitantes. O número de positivos non deixou de medrar dende que arrancada o mes e os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade confirman 379 casos activos.
Neste contexto de pandemia, cos contaxios desbocados en todo o país, xa sabemos que se imporá o uso da máscara en exteriores a partir de mañá día 24. Unha medida que xa foi publicada no BOE (Boletín Oficial do Estado) e no que se recollen excepcións, xa que malia ser obrigatorio o seu uso para maiores de seis anos na vía pública e en espazos ao aire libre, exceptúase o seu uso en exteriores durante a práctica de deporte individual e durante a realización de actividades que non sexan de caráter deportivo pero se realicen en espazos naturais, sempre e cando se manteña a distancia mínima de 1’5 metros con outras perosas que non sexan conviventes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará