Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O plus de produtividade: o cabalo de batalla no conflito coa Policía Local

poli

O conflito laboral entre o goberno municipal e a policía local agravouse nos últimos días con declaracións cruzadas entre a alcaldesa, Digna Rivas, e o propio servizo da policía. Os axentes recoñecen que o conflito é salarial “porque non recibimos os complementos que nos corresponde polo grupo ao que pertencemos”. Con todo, amosan a súa conformidade a rebaixar as súas expectativas en canto ao plus de produtividade “sempre e cando se acepte tamén aplicarnos a mesma rebaixa no horario laboral que se lle vai aplicar ao resto dos funcionarios a partir de xaneiro tal e como se negociou cos sindicatos”.

Un dos grande escollos neste conflito pasa pola falta de acordo en canto ao plus de produtividade. Os axentes terían negociado coa alcaldesa un complemento por nocturnidade de 4€/hora e de 3’5€/horas por traballar sábados, domingos e festivos. Con todo, esas expectativas víronse rebaixadas unha vez que na Mesa de negociación cos sindicatos estableceuse que eses complementos serían de 3euros e 2euros respectivamente. Afirman dende a policía estar dispostos a aceptar ese plus sempre e canto “se nos aplique tamén a rebaixa horaria acordada na mesma mesa de negociación e na que se aprobou reducir media hora diaria a xornada laboral dos funcionarios”.

Bahía, policía local

En canto a negativa a facer horas extras e que provocou que o servizo quedara sen persoal o pasado luns, explica Bahía que o problema de fondo é a falta de persoal ao contar con tan só 28 efectivos “unha plantilla moi escasa para atender o servizo nun concello como Redondela”. Lembra que para paliar esta situación “co anterior goberno acordárase un plus por horas extras que a alcaldesa eliminou o pasado mes de febreiro e, ao tratarse de horas voluntarias, é lícito que os axentes se neguen a facelas se non se lles pagan”.

En canto ás críticas de Digna Rivas sobre “a existencia de baixas repentinas” insiste Bahía en que “as baixas son concedidas por un facultativo polo que non hai espazo a desconfiar das mesmas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará