Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos sen goles no Baltasar Pujales

ChocoBouzas

Terceira División

Rápido de Bouzas 0-0 CD Choco

Partido sen goles en Bouzas nun encontro no que onte se daban cita o Rápido e o CD Choco. Os de Juan Amoedo foron superiores ao equipo local, sobre todo na segunda parte, pero non foron quen de materializar ningunha das ocasións creadas. O conxunto vigués acumula así 9 xornadas sen coñecer a derrota, pero os redondeláns impedíronlle celebrar unha vitoria. Os de Juan Amoedo impuxeron o seu xogo en moitos momentos, e sabían da importancia dun resultado positivo nun campo tan complicado como o do Bouzas. Cumpriron co obxcectivo, e a medida que avanzaba o partido o equipo redondelano foi gañando terreo e sentíndose máis cómodos no campo. Iso que no minuto 3 Chisco tivo que saír do terreo de xogo tras un golpe fortuíto e foi substituído por Álex Figueroa. O primeiro tempo discorreu sen moitas ocasións, cun tiro de Pablo Lede desde fóra da área que se marchou alto, e un remate de cabeza de Jorge Maceira. Tras o descanso o CD Choco saiu máis gañas en busca dos 3 puntos. No minuto 47 un tiro de Comis puido abrir o marcador, pero o porteiro local Álex despexou a córner a que fora a ocasión máis clara do encontro. O Rápido tamén tivo ocasións no tramo final do partido, pero tampouco souberon materializalas polo que o encontro rematou a 0 no marcador. Punto moi importante para os de Amoedo que o terán que facer bo este domingo ás 17.00 horas en Santa Mariña, cando reciben ao RC Villalbés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará