Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vandalismo no apeadeiro da Picota

apeadeiro

As instalacións do apeadeiro do tren da zona da Picota apareceron estes días destrozados pola acción dos vándalos. Pintadas na marquesiña e nas cadeiras que empregan os usuarios desta parada do tren e o que é aínda peor: a rotura das lúas do apeadeiro, que deixaron esta instalación practicamente inutilizable.

O mobiliario urbano volve ser unha vez máis vítima da acción dos vándalos do mesmo xeito que semanas atrás se cebaran coa decoración de Nadal da Alameda, chegando a decapitar a figura da Coca Simona que se empregaba como caixa de correo para as cartas que nenos e nenas escriben a Papa Noel e Reis Magos. Unha figura que tivo que ser retirada no mesmo día no que se inauguraba o acendido das luces de Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará