Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aumentan os positivos en alcohol ao volante coa ceas de Nadal

poli local

A policía local contabilizou tres alcoholemias positivas en tan só 15 minutos nun dispositivo conxunto coa policía nacional na madrugada do sábado. O número de condutores que senta ao volante cunha taxa de alcohol máis elevada do permitida dispárase coa proximidade de Nadal e as tradicionais ceas de empresa.

Foron sancionados 3 condutores por arroxar taxas que superaban o dobre da permitida nun control rutineiro que se ubicou na gasolineira de Santa mariña, na saída de Redondela cara a Pontevedra.

Dende a Policía Local lembran que durante este período incrementaranse os controis nas estradas do concello para evitar condutas pouco desexables pero que se repiten ano tras ano nesta época coas ceas de Nadal e o consumo de alcohol ao volante o que supón un incremento da inseguridade viaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará