Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nuria Prieto presenta en Arcade o libro “Calladita no eres más bonita”

calladita

Un libro no que se recompilan “relatos de supervivencia” de mulleres menores de 30 anos que padeceron violencia de xénero ao longo da súa vida. A presentación terá lugar este venres 26 ás 18:00 horas na Biblioteca Luis Seoane de Arcade e, ademais da autora, participará no acto unha das mulleres protagonistas do libro, Esther, quen relatará as súas vivencias. Unha actividade enmarcada na programación Ultravioleta que o Concello de Soutomaior puxo en marcha co gallo do 25N.

“Non somos vítimas somo sobreviventes” é algo que Nuria Prieto escoitou no proceso de documentación do libro nas conversas que mantivo coas diferentes protagonistas dos relatos. Unha historias reais aínda que ficcionadas para facilitar a súa lectura e adaptalas ao formato de libro que se presenta esta tarde e no que se recollen dez historias reais e próximas, vividas por mulleres de menos de 30 anos que sufriron violencia de xénero.

Unhas mulleres que se prestaron a relatar esas vivencias conscientes de que ese paso adiante pode axudar a outras mulleres que están pasando polo mesmo a identificar a violencia e saber como enfrontarse a ela ou pedir axuda.

Precisamente unha das protagonistas estará hoxe en Arcade xunto con Nuria Prieto para compartir a súa experiencia na que a violencia de xénero adoptou diferentes caras: malos tratos no ámbito familiar, abusos sexuais sendo nena e violencia coa súa parella.

Testemuñas todas elas impactantes “duras pero necesarias, con historias dramáticas que dan conta da capacidade de superación destas mulleres”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará