Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR xoga pola Igualdade e a Non Violencia

SARnonViolencia

O club de balonmán redondelán presentou onte o encontro de División de Honra Prata Feminina entre o Rodavigo e U.Financiera. O partido desta fin de semana está dedicado á igualdade e á loita contra a violencia de xénero co gallo da celebración do 25N. Será mañá sábado ás 18.30 horas, e desde a SAR fan un chamamento ao público para que se achegue a esta cita deportiva na Bomboneira “para dicir NON á violencia e SI á igualdade”.

Na Primeira Nacional Maculina esta fin de semana os equipos locais xoga fóra. A SAR Plastic Omnium viaxa a Canarias para medirse ao Lanzarote, mentres que o Rodosa Chapela xoga na pista do Cañiza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará