Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto da pista de atletismo do IES San Simón paralizado á espera do convenio de colaboración coa Xunta

ies san simón

O Concello denuncia que malia ter destinada para esta actuación unha partida de máis de 150.000 euros, a obra non se pode licitar porque falta un convenio de colaboración coa administración autonómica que poña os terreos a disposición da administración local. Digna Rivas insta a Xunta de Galicia que cumpra ás súas promesas con Redondela

Despois de máis de 5 meses do anuncio da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias confirmando o visto e prace da Xunta á proposta do Concello para a instalación dunha pista deportiva no IES San Simón, pendente unicamente da firma dun convenio co departamento autonómico para a realización das obras, o Concello segue esperando a remisión do borrador de convenio que faga posible a licitación das mesmas.

A data de hoxe o Concello de Redondela xa cota co proxecto, que ascende a máis de 150.000 euros e que financiará na súa totalidade, pero que non pode ser licitado “xa que a falta de dispoñibilidade dos terreos e a carencia de un convenio de colaboración coa administración autonómica fan imposible continuar coa tramitación do procedemento”.

No mes de maio, unha vez xa se contaba coa autorización para a realización das obras por parte da Consellería de Educación, o Concello contrataba a redacción do proxecto e remitía oficio a Concellería solcitando a redacción dun borrador de convenio para concretar os usos e condicións de dispoñibilidade dos terreos.

“Lamentamos que máis de 5 meses despois da reunión coa delegada territorial Marta Tapias, Redondela siga esperando o inicio das actuacións prometidas, que non afectan só a pista de atletismo, senón a outros centros do municipio, como a ampliación de 4 novas aulas no IES Pedro Floriani ou a reposición de fiestras no CEIP Outeiro de Penas, entre outras,”

A Alcaldesa afirma que non permitirá que a sinatura deste convenio se converta noutro engano e falta de lealdade da Xunta de Galicia con Redondela, xa que recorda que a data de hoxe “seguimos esperando a que a Xunta asine o convenio para realizar as obras de mellora da Avenida Mendiño, que o exalcalde Javier Bas anunciaba como inminentes en febreiro de 2019 e que case 3 anos despois segue sen concretarse”.

Sabemos que o proxecto de mellora da Avenida Mendiño, xa conta co todas as autorización necesarias hai meses e o Concello xa comprometeu a dispoñibilidade orzamentaria por máis de 300.000 euros para a realización das obras hai moitos meses.

“De non ter resposta nas vindeiras semanas tomaremos medidas, non descartamos mobilizar a cidadanía para manifestarse para reclamar os nosos dereitos fronte a Xunta de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará