Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan a colaboración cidadá para localizar dous vehículos que se deron a fuga

accidente fuga

Os sinistros producíronse ao redor das dez da noite do domingo na rúa San Xoán de Arcal en Redondela e na madrugada de onte luns en Chapela. No primeiro dos casos unha persoa resultou ferida, mentres que no segundo os danos foron materiais. En ambos casos, os condutores déronse á fuga, polo que dende a Policía Local de Redondela faise un chamamento apra que calquera que poida achegar algún dato sobre os vehículos implicados se poña en contacto co servizo no teléfono 986 402610.

Non parece que vaia ser difícil atopar ao condutor que provocou o accidente ao redor das 5:00 horas da madrugada do pasado luns, xa que varias testemuñas puideron observar como un vehículo colidía contra outro que se atopaba estacionado e facilitaron tanto a cor como a numeración da matrícula.

En canto ao accidente que se producía sobre as dez da noite na rúa San Xoán de Arcal e que deixaba a unha persoa ferida leve tamén se manexan datos como a marca e o modelo do vehículo que se deu a fuga, malia que se fai un chamamento a aquelas persoas que puideran facilitar algún dato a maiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará